O
Departamento de Informática da Universidade de Vigo engloba
as áreas de Linguaxes e Sistemas Informáticos e
Ciencias da Computación.
Conta actualmente cun cadro de máis de 60 profesores, con
presencia nos tres campus da Universidade de Vigo.
Tamén ten unha importante actividade investigadora, notablemente
a través de 6 grupos de investigación dirixidos
e integrados principalmente por membros do Departamento. Así
mesmo ofrece dous programas de doutoramento en Informática.
A sede do Departamento atópase no Edificio Fundición
do Campus de Lagoas-Marcosende de Vigo.